A Cabaleira

Un conto sobre o que é desigual baseado nunha historia Real

Presentamos A Cabaleira, un conto extraordinario baseado en feitos imaxinarios

-pero moi Reais– con música en directo

A princesa Valentina non ten irmans e todo parece indicar que algún día casará con alguén para ser raiña. ¿Pero que pasa se a nosa protagonista non quere ser o que se espera dela? ¿E prefire xogar con espadas e ser soldada?

 

Pois o que pasa é que se vai meter en mooooooitas leas.

 

E menos mal que estamos aquí para contalas todas.

 

A Cabaleira é a primeira incursión de Medievándalos no teatro infantil. E non vai ser a última.

FICHA TÉCNICA E ARTÍSTICA

Contacontos teatralizado

 

Intérpretes: Beatriz Bravo, Miguel Guido.

Texto: Xurxo Barcala, Miguel Guido.

Música orixinal: Miguel Guido.

Vestiario: Beatriz Bravo.

Direción: Xurxo Barcala.

Duración: 45 minutos.

Lingua: galego.

Espacio mínimo: 3x3m

Requisitos técnicos: ningún.